Palacio do Elisio
Palacio do Elisio | |
---|---|
entrada principal ao Palacio de Elisio | |
Edificio | |
Estilo | Clasicismo |
Enderezo | 55 Rue du Faubourg Saint-Honoré |
Localización | París Francia |
Coordenadas | 48°52′13″N 2°18′59″L / 48.870277777778, 2.3163888888889 |
Propietario | Goberno de Francia |
Arrendatario | Presidente de Francia Emmanuel Macron |
Construción | |
Construción | 1718 |
Remate | 1722 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Armand Claude Mollet |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio do Elisio[1] (en francés: Palais de l'Élysée) é a sede da Presidencia da República francesa. O edificio está situado no VIII Distrito de París, na rúa de Faubourg Saint-Honoré, e a súa construción remóntase ao século XVIII.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi propiedade inicial do conde Louis Henri de La Tour d'Auvergne que mandou construílo entre 1718 e 1722. Tras a morte do conde de la Tour d'Auvergne en 1753, a marquesa de Pompadour comprou o palacio para que fose a súa residencia parisiense, e legado a Lois XV á súa morte en 1764. Logo foi comprado en 1773 polo rico banqueiro Nicolás Beaujon, que o cedeu en 1786 a Lois XVI reservándose o usufruto. O rei vendeuno en 1787 a súa curmá Batilde de Orleans, duquesa de Borbón, que o ocupou excepto durante o seu arresto entre 1793 e 1795, baixo a Revolución Francesa.
O goberno revolucionario deu ao palacio diversos destinos ata o regreso da duquesa en 1797. Esta alugou a planta baixa a un negociante chamado Hovyn, que organizaba festas e bailes nos salóns e no xardín, pero acabou poxado o edificio cando decidiu emigrar a España. Hovyn adquiriuno pero tivo que vendelo en 1805 para pagar as súas débedas. Comprouno o mariscal Joachim Murat, quen, ao ser nomeado rei de Nápoles en 1808 cedeu a Napoleón Bonaparte todas as súas propiedades en Francia. En xuño de 1815 o palacio foi escenario da abdicación final de Bonaparte antes de ser desterrado, e coa Restauración borbónica pasou a ser parte dos bens da Coroa en 1816.
Desde 1848, por decisión da Asemblea Nacional da Segunda República, o palacio do Elisio ten sido a residencia oficial do Presidente da República en Francia, pero ao proclamarse o Segundo Imperio Francés en 1852, Napoleón III escolleu residir no palacio das Tullerías, tradicional residencia parisiense dos monarcas franceses. Á caída do Imperio en 1870, o novo goberno da Terceira República dispuxo que o palacio do Elisio fose a residencia oficial do presidente de Francia.
O Elisio mantívose como residencial oficial dos presidentes de Francia ata xuño de 1940, cando foi pechado e abandonado cando as tropas da Alemaña nazi tomaron París no final da batalla de Francia. Tras a derrota Alemaña, volveu ser residencia presidencial en 1946 e continúa sendo no século XXI.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para elisio.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio do Elisio |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El palacio del Elíseo y su historia. É unha páxina do arquivo da web oficial da Presidencia da República francesa.